biografia


 2naFronteira

Carmen Penim-voz

Maurizio Polsinelli-piano, harmonium

Carmen Penim naceu nunha pequena aldea do Couto Mixto na fronteira de Ourense con Portugal no 1965. Cantante e compositora, é autora da maior parte das cancións que interpreta, sexa no texto, que na música, que compón xunto co seu pianista Maurizio Polsinelli. Cancións que non so reflexan o seu mundo interior senón que supoñen case sempre unha mirada poética ó seu entorno, dende 2007, o Canavese, no norte de Italia. Os seus textos veñen de ser publicados recentemente (Cambio versos por champán, Torremozas, 2010).

Unha particular característica das interpretacións de Carmen, ademais da elevada calidade técnica e a forza expresiva, reside precisamente nas súas orixes “de fronteira”, das que herda características típicas das tradicións galega, lusitana e españolas. Nacendo na fronteira de Galicia con Portugal, accede dende nena á cultura e música galega, portuguesa, brasileira, española, e dos cantautores latinoamericanos, tanto a popular, como a música culta. A estas influencias deben engadirse agora tamén as da música italiana.

O que fará que a súa carreira dea un xiro será coñecer ó pianista Maurizio Polsinelli, que namorado da voz e os textos da Penim, levará á cantante  a iniciar un proxecto de colaboración artística y a adicarse con maior profesionalidade ó estudio do canto, comezando deste modo unha intensa actividade de concertos. Así, durante tres anos, a Penim seguiu estudos de canto coa maestra Martina Cizniarova, eminente cantante nos mellores teatros líricos de Turín (Reggio, Carignano). Actualmente está a estudar coa prestixiosa cantante lírica e jazz multipremiada Giovanna Gattuso, segundo o seu método Crossover, co obxectivo de obter a certificación de Didáctica deste método.   Deste xeito, as dotes naturais de Carmen únense á preparación técnica e á súa apaixonada personalidade, convertendo as súas interpretacións sempre nunha experiencia emotiva e intensa, que non deixa indiferente ó público.

Actualmente colabora tamén co guitarrista clásico Gino Borio, con quen actúa nos teatros do norte de Italia, e recentemente iniciou unha colaboración con Paolo Lova, recoñecido estudoso e intérprete de música antiga.

Xunto con Maurizio Polsinelli publicou un disco en xaneiro do 2011 Humo en los ojos e actualmente traballan xa no que pronto será o segundo, completamente en galego, con temas baseados en poetas clásicos e contemporáneos galegos ós cales eles lles poñen música (Paz Andrade, Rivas, Celso Emilio Ferreiro, Curros Enríquez, Rosalía, poemas galegos de Lorca…). Os concertos que teñen dado non só en Italia, senón tamén en España e Galicia, son sempre moi ben acollidos polo público. No Nadal do 2011 presentaros no AMIC de Celanova, acollidos pola Fundaión Curros Enríquez e o Concello, o seu proxecto FEDERICO GARCÍA LORCA, AMANDO EN GALEGO, no cal compuxeron a música para os seis poemas galegos de Lorca (voz e piano ou harmonium), que verá a luz como libro-disco con partituras, textos e música. Con esta ocasión, a Penim quixo deseñar un mantón de Manila con bordados de petroglifos galegos, unha peza delicada e orixinal que unas artesanas de Loja (Granada) fixeron posible e que exhibe nos seus concertos.

Maurizio Polsinelli naceu en Roma no 1972. O seu pai, Roberto, guitarrista clásico e flamenco, profesor de Conservatorio, introduciuno ó estudo do piano cando tiña cinco anos. Diplomouse en piano no Conservatorio Santa Cecilia de Roma en 1994. Ademais do seu amor pola música, alimenta dende sempre unha grande paixón pola literatura, o cal o levará a licenciarse en Filoloxía Románica en 1999 na Universidade romana “la Terza”. A unión entre o mundo da palabra escrita e a música constituirá unha constante na súa carreira como intérprete e compositor.

Ademais da formación clásica, conta con numerosos seminarios centrados noutros estilos musicais, como por ejemplo, o jazz (“Injazz” co maestro Giovanni Ceccarelli). Por outra parte, nas súas numerosas viaxes tivo a ocasión de tomar contacto e recibir a influencia das máis variadas tradicións musicais, tanto europeas como africanas e latinoamericanas.

É, dende hai máis de quince años, co-fundador do grupo romano Pane, con quen ten producidos tres discos ben acollidos polo público e a crítica nacional italiana. Son numerosas tamén as colaboracións do pianista coas emisoras de radio, entre as cales destaca a Radio Rai. Por outra parte, a súa investigación sobre a relación entre a música e a palabra teno levado a colaborar frecuente e regularmente con academias e teatros nacionais. Varios son os premios e distincións recibidas; entre elas destaca o Premio Pavanello para a música de autor, recibido no Teatro Municipal de Trento no 2003.

Dende hai máis de tres anos é co fundador xunto á poeta e cantante galega Carmen Penim, do dúo 2naFRONTEIRA.  Maurizio, nas súas viaxes a Galicia, apaixonouse pola música tradicional galega que interpreta con grande mestría sexa ó piano que ó harmonium.

As composicións do dúo reciben moita atención por parte do público e numerosos comentarios positivos: os seus videos en youtube, sempre autoproducidos como o disco, recibiron en total mais de 5500 visitas en so seis meses, e unha das cancións (A lavandeira) superou as 2600 visitas en so catro meses.

O día 2 de maio grabarán para o programa da TVG Eirado (emisión o 12 de maio).

En xullo estarán grabando en directo o seu proxecto lorquiano en Vigo, acollidos polo Real Conservatorio Superior de Música da cidade.

Contactos

Carmen 0039 3313848122; verán e nadal: 0034 699845312

Maurizio 0039 3401708218

carmenpefe1@yahoo.es

www.myspace.com/polsinellipenim

http://www.youtube.com/user/solo2musica

https://www.facebook.com/2nafronteira

http://www.facebook.com/pages/2nafronteira/221503944534361?sk=wall